Alonso Montero, Xesús

Dicionario da nova literatura galega : 86 voces responden un inquérito, 1969 / Xesús Alonso Montero - Vigo : Xerais , 2021 - 252 p. : gráf. e fot. b/n ; 22 cm

Este Dicionario da nova literatura comezou a fraguarse a finais da década dos anos sesenta do pasado século a través dunha enquisa que o profesor Xesús Alonso Montero deu en distribuír entre as persoas do mundo literario galego que non tivesen obra publicada antes do ano 1936.Velaquí hoxe, máis de cincuenta anos despois, aquel proxecto en forma de libro. Oitenta e seis persoas responderon aquelas preguntas ideadas por Alonso Montero que permiten coñecer multitude de datos biográficos e, ao tempo, deseñan as preocupacións e expectativas dun tempo moi concreto da nosa historia literaria e cultural. Este singular dicionario, en edición de Ramón Nicolás, posibilita preguntarse que cambiou na cultura galega nestes últimos cincuenta anos e engade, ademais, unha rica e valiosa documentación bibliográfica e epistolar, alén doutros documentos de inequívoco interese para reconstruír percorridos biográficos e literarios concretos mais tamén desvela as claves dun tempo que se proxecta nos nosos días.

9788491219781

82

Coa tecnoloxía Koha