Palomares, Eduard (1980 - )
No cerramos en agosto / Eduard Palomares - 4ª ed. - Barcelona : Libros del Asteroide , 2020 - 364 p. ; 20 cm - (A* ; 220) .
Jordi Viassolo consegue un traballo de bolseiro –temporal e mal pago– nunha axencia de detectives de Barcelona. A misión que lle encargan é simple: manter o despacho aberto durante o verán sen meterse en leas. Todo cambia cando aparece un cliente desesperado asegurando que a súa muller desapareceu. Trátase dunha investigación aparentemente sinxela, perfecta para que o tímido e inexperto Viassolo comece a foguearse na rúa. Con todo, o caso complícase e o aprendiz de detective deberá afastarse da burbulla na que viviu como estudante e empezar a poñer en práctica o que ata o de agora só coñecía de oídas.
Eduard Palomares recolle o legado do xénero negro barcelonés para darlle unha sacudida e adaptalo á realidade do século XXI: contratos lixo, alugueres polas nubes, turismo masivo… O autor converte así o crime nunha escusa para retratar con linguaxe fresca e directa unha Barcelona que evoluciona a un ritmo vertixinoso, a maior parte das veces a pesar dos seus veciños. Unha novela que é negra, pero tamén luminosa.
1º-2º BAC
9788417007812
Narrativa--Novela negra
821.134.2-31"20"