Pappé, Ilan (1954-)

La limpieza étnica de Palestina / Ilan Pappé - 1ª edición en Colección Booket, 4ª impr. - Barcelona : Crítica , 2020 - 414 p. : il. fot. b/n ; 19 cm. - Divulgación historia (Booket) .

Ilan Pappé, profesor da Universidade de Haifa e o máis prestixioso a escala internacional dos historiadores israelís, obrigado a publicar as súas obras no estranxeiro e a vivir no seu país entre ameazas de morte, revela neste libro, á luz de documentos recentemente desclasificados, a verdade dunha expulsión en masa que segue facendo hoxe imposible a paz entre israelís e palestinos e que está na orixe de todos os problemas actuais do Oriente próximo.

Os israelís coñecen como Guerra da Independencia a de 1948. Para os palestinos é a Nakba (a “catástrofe”), posto que o seu resultado foi un dos procesos de limpeza étnica máis amplos e dramáticos do noso tempo: cerca dun millón de palestinos foron obrigados a emigrar a punta de fusil, abandonando terras, bens e fogares; houbo matanzas de civís como a de Deir Yassin e centos de poboados foron destruidos deliberadamente. A pesar das súas dramáticas dimensións, os israelís conseguiron ocultar este crime contra a humanidade durante moitos anos.

9788408124788


Historia contemporánea--Conflito árabe-israelí--Século XX
Consecuencias da guerra--Violación de Dereitos Humanos
Limpeza étnica--Xenocidio palestino


Palestina

341.485"20" 342.7

Coa tecnoloxía Koha